Navigación


RSS: Artículos



Oposicións

06-13-2009 @ 16:10,Xeral,agadef,

Dende AGADEF queremos  desexarvos a todos e todas sorte nas oposicións.

Ánimo

Un saúdo

 

 



ColpBol

05-27-2009 @ 10:01,Xeral,agadef,

Imaxino que non será novidade para moitos o ColpBol, pero para os que aínda non o coñecedes, trátase dun novo deporte cunha pretensión de integrador, novedoso e con poucos requisitos materiais para a súa práctica.

Tedes toda a información en: http://www.colpbol.es/

 

 



ASAMBLEA DE AGADEF

05-15-2009 @ 09:55,Xeral,agadef,

Convócase Asamblea de AGADEF, para o sábado 23 de maio, no Salón de Actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), R/San Lázaro-107 - Santiago de Compostela coa seguinte orde do día:

1.- Informe económico

2.- Informe socios

3.- Revista "A CHAVE"

4.- Elección nova xunta directiva.

5.- Rogos e preguntas.

 

Esperamos a vosa asistencia.



Oposicións 2009

05-05-2009 @ 11:52,Xeral,agadef,

Para o presente ano a Consellería convocará 75 prazas para EF en primaria (69+6). Non haberá oferta de prazas para secundaria.

Máis información na páxina da Consellería: https://edu.xunta.es/portal

 



O Noticieiro de AGADEF

03-12-2009 @ 22:00,Xeral,agadef,

Comezamos unha nova ferramenta de difusión nesta web. A partires de xa, enviaremos cada certo tempo un e-mail con informacións sobre as novidades na páxina a tódolos socios e socias, así como a aqueles outros docentes dos que temos adirección e-mail e que nalgún dos cursos de AGADEF manifestaron a súa intención de estaren informados.

Se alguén dos que recibe o noticieiro non quere seguir a recibilo que no lo comunique na nosa conta (preferiblemente na de yahoo).

Se alguén está interesado/a pero non o recibe, que se poña tamén en contacto connosco.

O primeiro xa está enviado e fixémolo a través da conta nova, pero posiblemente empreguemos a de antes para isto por ir mellor para correos masivos, pero dada a cantidade de spam que recibimos nela é pouco operativa para que vos comuniquedes connosco a través dela.

Gracias por visitar a nosa web.



IV Encontro escolar galego de xogos tradicionais

03-09-2009 @ 16:19,Xeral,agadef,

Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, co obxectivo de realizar actividades de divulgación do noso patrimonio lúdico e de introducir os xogos de sempre nos centros escolares galegos, convoca o IV Encontro escolar de xogos tradicionais

Data: Sábado, 30 de Maio de 2009

Lugar: Feira internacional de Galicia, en Silleda

Horario: De 10 a 18 horas

No arquivo adxunto vai:

1.- Normas xerais polas que se desenvolverá o Encontro

2.- Ficha de inscrición a cubrir polos centros escolares

3.- Xogos que se practicarán no Encontro (a maiores poderán introducirse máis xogos, dependendo do nº de participantes)

4.- Varias imaxes dun modelo de carrilanas, para dar unha posible idea de como se poden construir

 [ Arquivo ]

 

Máis información http://xogospopulares.com