Introducción:
Presentamos varios xogos que cremos poden axudar a concienciar ó alumnado
dos efectos da marea negra. Facemos referencia somentes ós obxectivos
nese senso, aínda que os relacionados coa propia educación física son
evidentes (cooperación, coordinacións, ...)
VOLUNTARIOS
Obxectivos: Téntase que descubran a realidade do traballo que están a
facer os voluntarios nas nosas costas, e a sensación que teñen cando
tras deixar limpo un areal, na marea seguinte este volve a estar cheo de
chapapote.
Material: papel de periódicos atrasados, caixas de cartón pequenas e
unha caixa grande.
Desenrolo: Tras explicarlles o traballo dos voluntarios na recollida do
chapapote, primeiro para os caldeiros e despois transportalo ata os
contenedores, sortéase un ou dous rapaces (segundo sexa numeroso o grupo)
que farán de "contaminantes" colocados ó lado da caixa grande
(contenedor), e os demais farán de voluntarios, con caixas pequenas
(caldeiros) uns e outros sen nada. Espárcense polo espacio follas de
periódico (manchas de chapapote) e despois empézase o xogo, recollendo
os voluntarios as manchas para os caldeiros que deberán levar entre dous
e transportando nestes o chapapote ó contenedor. Os contaminantes
dedicaránse ó mesmo tempo a esparcer os papeles que os outros tiren no
contenedor.
Trás acabar o xogo ou transcurrido un tempo analízase as sensacións que
tiveron no xogo, relacionándoas coas que sentirán os voluntarios.
Nota: pódese adaptar para nenos de primeiro ciclo e infantil si de
contaminantes fai o mestre e non se empregan "caldeiros",
votando directamente os papeis no contenedor.
Variante voluntarios: cooperación-oposición
Pódese dividir o grupo en dous equipos, con cadanseu contenedor e
sección do espacio no que recoller o chapapote, gañando o equipo que
primeiro limpe o seu espacio. Neste caso as caixas pequenas tamén serían
levadas entre dous, pero sen embargo non habería a figura de contaminador
(non se voltaría a espallar o recollido)
Variante voluntarios: cooperación.
Trátase que neste caso terán que formar unha cadea para transportar
"os caldeiros", (o aceso á praia sería difícil), e parte do
grupo estaría a recoller. No resto igual que a versión orixinal (efecto
das mareas).
MAREA NEGRA
Obxectivos: pretendemos que entendan os efectos dos axentes
contaminantes e como este se extende ó afectar ós distintos eslavóns
das cadeas tróficas.
Desenrolo: explícaselles que os contaminantes ó afectar a un animal ou
planta afectan a outros cando o primeiro é comido. Sorteamos quen vai ser
a "Marea negra", quen terá que avanzar dando dous pasos adiante
e un atrás (como as mareas). Os demais serán animais mariños ou
costeiros e desprazaranse a catro patas. Empeza o xogo e a marea negra
contamina ós demais con só tocalos. Cada animal "contaminado"
érguese e avanzando dous pasos adiante e un atrás segue a contaminar ós
demais. É importante que se despracen cada un segundo o seu papel.
Tras acabar o xogo analízase as impresións deles sobre o avance do
efecto contaminador.
Nota: pódese adaptar para nenos de primeiro ciclo facendo que a marea
negra se desprace a saltos cos pés xuntos.
Variante marea negra:
Neste caso, non habería manchas, e dicir, cada novo compoñente da marea
uniríase ós xa existentes (cadea), contaminando só os extremos (deste
xeito o xogo é un pouco máis lento).
A REDE
Obxectivo: Neste xogo simúlase o traballo que moitos pesqueiros están a
facer empregando redes para recoller o chapapote.
Desenrolo: Eleximos dous nenos que serán os primeiros compoñentes da
rede, e que avanzarán collidos da man sen poder soltarse. O resto do
grupo avanzan como marea negra (dous pasos adiante e un atrás). Cada neno
alcanzado pola rede entra a formar parte da rede nun dos extremos. O xogo
remata cando non queda marea negra. Nota: vixiar que cumplan o dos pasos
adiante e atrás e que os novos se coloquen nos extremos por ser a parte
onde máis esforzo se fai. Considérase atrapado o que toquen os dos
extremos ou quede pechado nun círculo que fagan os que compoñen a rede.
Variante da rede: para que sexa máis dinámico, cando a rede sexa de
catro divídese e quedarían dúas redes, seguindo o xogo.
BARREIRA DE CONTENCIÓN
Obxectivo: No seguinte xogo inténtase explicar a labor que realizan as
barreiras de contención e a necesidade de que estas cubran o máximo de
terreo posible.
Desenrolo: Todos os nenos menos un sitúanse nun extremo do campo facendo
de marea negra, o outro estará no medio e será a barreira, este so se
pode desplazar lateralmente (pódeselle delimitar un espacio cunha ou
dúas líñas das que non pode pasar nin para diante nin para atrás)
intentando atrapar ó resto de compañeiros, os cales estarán pasando dun
lado a outro, cando colla a un este queda no medio formando parte da
barreira. O xogo remata cando collan ó último membro da marea negra, o
cal si se quere repetir o xogo pode quedar como primeiro integrante da
"barreira de contención".
Variante: Se se quere facer máis efecto de barreira, pódese facer que
os que queden no medio se desplacen agarrados pola man.
GALLETAS
Obxectivo: Neste xogo preténdese que comprendan que o fuel non aparece
só en manchas grandes.
Material: unha caixa ou cesta que colocaremos nun alto, como unha mesa,
vaiado todo na volta – zona a protexer da contaminación (con aros, ou
cordas, que poden estar atadas nas patas de catro cadeiras). Empregaremos
ademais pelotas pequenas (que se poden facer con papel de periódico).
Desenrolo: Consiste en recoller as pelotas e tentar de encestalas na caixa
dende fora do espacio vaiado. Só poderán recollelas de unha en unha, ata
que non queden galletas no chan.
Nota: poden entrar a recoller as galletas que non enchesten pero terán
que tentar encestalas desde fora.
CADEA DE VOLUNTARIOS
Obxectivo: Trátase de ensinarlles o traballo en grupo, formando cadeas
para transportar o chapapote. Material:dúas caixas grandes de cartón,
papel de periódico e unha caixa máis pequena (ou papeleira).
Desenrolo: colocamos unha caixa chea de papel ou ben facemos un montón co
papel no chan e dispoñemos ós rapaces facendo unha cadea ata outra caixa
valeira. Dámoslles unha caixa máis pequena que o que está máis cerca
do montón de papel encherá e pasarana a través da cadea para que o do
outro extremo a valeire no contenedor, devolvendo a caixa pequena
(caldeiro) valeira a través da cadea para voltar a enchela.
Nota: pódese cronometrar e penalizar os papeis que caian ó chan.
Variante: Se queremos engadir un pouco de rivalidade, repártese o
papel nas dúas caixas grandes e dispoñemos ó alumnado en dous equipos
formando dúas cadeas enfrentadas, cada un co seu "caldeiro".
Cada equipo tentará
|