TÍTULO: Aula de Natureza: O Invernadeiro >>SUMARIO>>
 

 Localización

Está situado no Macizo Central, no suroeste da provincia de Ourense, e pertence ó concello de Vilariño de Conso.

A mellor forma de acceder ó Parque Natural dos Montes do Invernadeiro é pola autovía Madrid- Vigo, ata Verín, e de Verín ó pobo de Campobecerros por carretera comarcal, a continuación, pista asfaltada ata o Parque onde comeza o camiño forestal. Tamén é posible chegar a Campobecerros dende A Gudiña, pola estrada que vai a Vilariño de Conso.

Características do entorno

A acción de diversos factores determinou a existencia de paisaxes moi diferente dentro deste espacio natural. A actividade humana, o seu clima mediterráneo con influencia oceánica, a natureza xeolóxica e a orografía crearon catro asociacións vexetais singulares: unha formación dominante de queirugas, que ocupa as ladeiras das montañas, unha zona de vexetación ripícola e as fragas nas ribeiras dos ríos, unha zona de pastos nos cumios e restos dispersos de repoboación con piñeiros.

Podemos atopar lobos, charrelas, donicelas, e axexa- la baixada dos corzos, gamos, e cervos ó río. O que comezou sendo un refuxio de caza, ven sendo agora unha busca de contacto coa natureza.

Actividades:

A estadía nesta Aula pode ser de dous ou catro días. As actividades que se poden realizar serían:

Primeiro día: Recepción do grupo.

Unha vez na Aula o grupo é recibido polos monitores que os acomodarán nos seus apousentos.

Elaboración dun plano de traballo para os seguintes días, según os intereses dos profesores que acompañan ó grupo.

Segundo e terceiro días.

Plano de traballo programado o día da chegada. Este plan constará de varias actividades que consistirán en:

Realización de rutas autoguiadas.

Talleres de traballo.

Cuarto día:

Limpeza da aula e contorno.

Mesa redonda.

Obxectivos da actividade:

Tomar contacto coa problemática ambiental.

Desperta-lo interese de conservación do medio natural.

Estudia- lo papel que xoga a intervención humana na transformación da paisaxe.

Finalidade:

Acercamento e coñecemento do contorno para posibilita- la adquisición de actitudes, valores e normas de comportamentos respectuosos con medio ambiente.

Solicitude de información:

San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

Máis información:

http://www.xunta.es/coselle/cma

http://Turgalicia.htm

http://www.cazagalega.com/reportaje18.htm

http://www.parquesnaturales.com

AUTOR: Ana Berta Martínez Boga  C.E.I.P. Manuel Murguía.  Feáns (A Coruña)

 AGADEF. Asociación Galega de Docentes de Educación Física.