|
|
|
||||||
| TÍTULO: Encontros AGADEF | >>SUMARIO>> | ||||||
IX ENCONTROS
Entusiasmo e credibilidade. Poden ser as palabras clave destes Encontros. Durante dous días -¡por fin!-, tivemos o priviliexio de gozar dun entorno inmellorable, a fraga do Eume, e reflexionar acerca da proposta dos organizadores: "Natureza, Escola e Educación Física: unha ollada diferente". Medio cento de docentes de Educación Física compartimos experiencias, asistimos a ponencias e participamos nun itinerario pola fraga. Foron sete horas de paseo adobadas con tres obradoiros cun valor engadido: o cheiro da terra, o ruido do auga, as cores das follas, a luz...Un regalo para os sentidos que tanto os organizadores como os ponentes souberon agudizar. Sobre os aspectos técnicos, hai bastante documentación na páxina web http://www.agadef.com/encontro/ . E sobre o aspecto humano... resulta difícil explicar a bocanada de aire puro que supuxeron estes Encontros para todas as persoas que amamos a Natureza e a Educación Física. E aínda que xa pasou un ano, non esquecemos o éxito dos VIII Encontros aló pola Pobra. ¡Noraboa ás dúas comisións organizadoras! Algunhas imaxes:
|
|||||||
| Para ver máis, visita http://www.agadef.com/encontro/ | |||||||
| AUTOR: AGADEF | |||||||
|
AGADEF. Asociación Galega de Docentes de Educación Física. |
|||||||