|
|
|
|
| TÍTULO: EDITORIAL | >>SUMARIO>> | |
|
TEMPOS CONVULSOS Vivimos un ano difícil. Dende fóra, situacións como a guerra do Irak e o desastre do Prestige tiveron unha fonda repercusión nos centros de ensino e nas persoas que neles traballamos. Dende AGADEF sentimos dende o principio como nosos os berros de NUNCA MAIS e NON Á GUERRA, e así o ratificamos en Asamblea. Por dentro, o traslado de Lupe á súa terra, Extremadura, déixanos un oco nos corazóns... e na xunta directiva. Non vai ser doado sustituir o seu entusiasmo e capacidade de traballo. Dende eiquí un agarimoso recoñecemento ó equipo directivo saínte. Amais desta necesaria renovación, estamos nun momento crucial como Asociación. ¿Cara onde imos? ¿Cales son os nosos vindeiros retos? ¿Temos forzas dabondo? Dende A Chave queremos lanzar unha mensaxe de optimismo. Por riba de cal sexa o devir de AGADEF, as persoas que a formamos seguiremos a loitar por facermos mellores e dignificar a Educación Física. Os anos de traballo, de esforzos e desexos compartidos, de proxectos comúns e ilusións non foron en balde. Das crisis tamén podemos aprender.
|
||
| AUTOR: AGADEF | ||
|
AGADEF. Asociación Galega de Docentes de Educación Física. |
||