TÍTULO: CONGRESO DE F.E.A.D.E.F. >>SUMARIO>>
 
Os pasados días 25, 26, 27 e 28 de Setembro, celebrouse en Valladolid o V Congreso Internacional de FEADEF (Federación Española de Asociacións de Docentes de Educación Física). A nosa asociación, AGADEF, forma parte de FEADEF, xunto con outras asociacións de docentes do resto do estado, ata completar cáseque dous mil cincocentos membros que na actualidade forman parte de FEADEF.

O Congreso, foi convocado baixo o título de "Dimensión europea de la Educación Física y el deporte en edad escolar. Hacia un espacio europeo de educación superior". Estaba organizado de tal xeito que se simultaneaban os chamados "Paneis de expertos", en definitiva, mesas redondas nas que catro ou cinco expertos nun tema, facían as súas aportacións e a continuación había un debate, coas chamadas "Comunicacións simultáneas" que se levaban adiante en tres salas ó mesmo tempo. O ponente dispuña de quince minutos para facer a súa aportación. Estas comunicacións tiñan, con frecuencia, un carácter máis práctico, máis pegado á experimentación. Foron... ¡¡nada menos que 112 comunicacións!! que están recollidas no libro de actas do Congreso.

Os "Paneis de expertos" estiveron adicados ós seguintes temas:

Panel nº 1: "El deporte en edad escolar"

Panel nº 2 : "Formación inicial y permanente. Hacia el Espacio Europeo de Educación Superior".

Panel nº 3 : "Aspectos metodológicos de la enseñanza de la Educación Física y el deporte escolar".

Panel nº 4 : "Tiempo libre, ocio y recreación".

Panel nº 5 : "Responsabilidad civil del docente, control de contingencias, riesgos, peligros, lesiones, previsión de accidentes".

Panel nº 6 : "La Educación Física ante alumnos con N.E.E., estereotipos de género, inmigración, integración social".

Sería imposible dar conta de todo o tratado no Congreso, tanto nas comunicacións simultáneas, como nos paneis de expertos. Voume tomar a licencia de referirme a un aspecto, tratado no panel nº 2. Referireime a él, polo novedoso que me resultou, xa que era a primeira vez que escoitaba falar do que nos agarda.

Trátase, en suma, de que os ministros de Educación dos países membros da Unión Europea refrendaron, coa firma da Declaración de Bolonia (1.999) o seu interese en definir un espacio europeo de educación superior. A implantación deste espacio europeo ten unha data límite, o ano 2.010.

Os estudios superiores terán unha duración de catro anos, equivalentes a 240 créditos europeos. Esto permitirá a obtención do título de grado, equivalente ó título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro. O nivel de postgrado, estará formado por un segundo ciclo, que dará lugar á obtención do Master, e un terceiro ciclo, que supón a realización e defensa dunha tese doutoral, e conlevará o título de doutor.

Do nivel de grado, sinálase que si ben terá unha duración de 240 créditos (equivalente a catro anos de 60 créditos cada ún), excepcionalmente autorizaranse grados de 180 créditos (tres anos de duración). Os problemas que esto nos plantexa ós mestres de Educación Física son varios:

En relación ó nivel de grado, o chamado Documento-Marco do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, fala da necesidade de que as distintas universidades establezan itinerarios diferenciados nas súas titulacións, "pero en ningún caso, estos itinerarios podrán ser reconocidos como especialidades ni reflejados en el título oficial de grado". ¿Qué pasará entón coas sete especialidades existentes hoxe no Maxisterio? ¿E coa especialidade de Educación Física? Mesmo semella que se quixera volver á lei de 1.970, cun título único de mestre, aínda que se faga algunha especialización posterior, vía Master.

Na última reunión da Conferencia Nacional de Decanos e Directores de Facultades e Escolas responsables da formación do profesorado, celebrada en Madrid, acordouse defender o grado de 240 créditos para o título de Mestre, equivalente a catro cursos académicos en lugar de tres, no camiño da esixencia dunha licenciatura para o grado de Mestre. ¿Será así, ou eses grados de excepción de tres anos de duración (180 créditos), estarán esperando ós futuros mestres?.

Convirá estar moi atentos a todos estes debates.

P.D.: Si alguén está interesado en coñecer as ponencias de algún dos paneis de expertos, creo que pode decilo a traverso da páxina WEB de AGADEF e procurarei enviarllo por e-mail

AUTOR:  José Gómez García

 AGADEF. Asociación Galega de Docentes de Educación Física.