|
|
|
|||||||||||||||||||||||
| TÍTULO: APLICACIÓNS INTERACTIVAS MULTIMEDIA. | >>SUMARIO>> | |||||||||||||||||||||||
|
1.INTRODUCCIÓN.
Unha aplicación interactiva multimedia á aquela que reune elementos visuais e sonoros para comunicar información , onde o usuario pode interactuar co programa para tomar decisións, permitindo que sexa un suxeito activo. Técnicamente poderíanse clasificar en CBT (Computer Based Training , ou formación por medio do ordenador ) e presentacións, as primeiras están claramente enfocadas a educación e suelen integrar un sistema de control dos progresos. Nas presentacións a interactividade é moi baixa, limitándose no maior parte dos casos a unha "proxección de diapositivas", a este tipo pertencen as actividades creadas con Power Point ou OpenOffice.org Impress (cunha potencia e posibilidades comparable o producto de Microsoft, pero gratuito). As aplicacións interactivas multimedia son recursos educativos complementarios que deben responder a necesidades reales e dentro dunha planificación docente, do mesmo xeito que ocurre con outros materiais curriculares. Pode que os ordenadores chamen a atención e as aplicación sexan xogos que manteñan ocupados ós alumnos durante moito tempo, pero o seu uso racional está supeditado á existencia dunha estratexia educativa que teña en conta as características dos materiais empregados e a súa adecuación ós obxectivos propostos. 2. VANTAXES E INCONVINTES A utilización de deste tipo de aplicacións aporta as seguintes vantaxes: Alta motivación: o traballo parte dunha motivación maior, tanto polas características do medio como pola atracción das actividades. Interacción: estabrécese unha comunicación entre os alumnos e o ordenador, os estudiantes non son suxietos pasivos, senon que interveñen e levan a iniciativa. Autoevaluación: os alumnos teñen coñecemento inmediato dos erros e poden reconstruir as decisións. Individualización: o ritmo de progreso o estabrece o alumno. Tamén é posible que dentro dun mesmo grupo os estudiantes empregen actividades distintas, seleccionadas en función das súas características particulares. Pero a individualización non debe levar ó aislamento, polo tanto deberíamos plantexar un traballo individual alternando con traballos en parellas. Control dos progresos: moitos programas permiten levar un seguimento da evolución do alumno. Como inconvintes poderíamos citar: Elevada inversión económica: crear e dotar unha aula informática supón un desembolso considerable, máis se temos en conta os curtos periodos de amortización da tecnoloxía. Necesidade de formación: pode ocurrir , e de xeito ocurre, que os docentes non teñan os coñecementos suficientes para empregar os ordenadores con garantías. A falta de formación leva a desmotivación, que da paso ó rexeitamento do ordenador como recurso educativo. Ausencia de aplicacións individualizadas: raramente atopamos aplicacións interactivas multimedia que coinciden ó cento por cento cos obxectivos que nos propoñemos. Neste caso podemos optar por aquelas actividades que se aproximan máis, ou dedicar un tempo a crear as nosas propias actividades. 3. CREACIÓN DE ACTIVIDADES, O PROGRAMA CLIC. No mercado existen multitud de programas destinados á creación de actividades interactivas; Neobook , Multimedia Builder, Director, Authorware, Scala , e un largo etc , pero todas estas son aplicacións comerciais de elevado coste, e nalghuns casos escapan as posibilidades económicas dos docentes e dos centros, sobre todo tendo en conta que o que se paga é o dereito a instalalas nun só ordenador. Pero sen dúbida un dos entornos para á creación de actividades multimedia máis empregado polo profesorado é o programa Clic 3.0, unha aplicación gratuita de libre distribución, do tipo freeware. Non saberíamos dicir onde radica o éxito do clic , se no seu carácter gratuito, na súa facilidade para crear actividades ou no gran número de materiais producidos. O programa Clic é un entorno de creación-reproducción de actividades multimedia basado na utilización de plantillas, xa que as actividades finais responden a modelos preestabrecidos. En concreto dispón de cinco tipos de actividades, pero cada unha delas pode admitir varias modalidades. Crebacabezas:trátase de reconstruir un debuxo. Asociación:relacionar un elemento con outro ou varios Sopa de letras: atopar palabras escondidas nuha parrilla de letras. Encrucillados: escribir as palabras a partires das súas definicións. Actividades de texto: como pode ser encher buratos co texto adecuado, sinalar letras ou frases, e ordear párrafos. A forma de crear as actividades escapa as pretensións deste artigo, o mellor é ler a axuda que acompaña ó programa ou descargar algún manual desde os enderezos que aparecen máis abaixo. O Clic foi creado por Francesc Busquets i Burguera e obtivo o primeiro lugar na convocatoria de 1992 dos premios a Programas Educativos para ordenador convocado polo Ministerio de Educación e Ciencia, a pesares de revisións posteriores , once anos no mercado é moito tempo e fanse necesarias melloras que lle permitan empregar todalas posibilidades multimedia actuais, así como a utilización on-line desde internet.Parece ser que próximamente vai presentarse o sucersor co nome de JavaClic, pero este anuncio leva varios meses exposto na páxina oficial do Clic e ainda non se fixo realidade, eso sí , xa coñecemo-las súas características; programado en java (independente do sistema operativo , agora que Linux ponse de moda nos entornos educativos), as actividades poden reproducirse desde páxinas web ,compatible con Clic 3.0 , e coa posibilidade de empregar mp3 e flash. Outra posibilidade para mellorar Clic sería liberalo baixo licencia GPL, é dicir , facer público o código fonte e permitir que calquera poidera modifica-lo programa. Un punto importante á hora de crear unha actividade e reunir os recursos multimedia que necesitamos;imaxes,sons ou videos. Actualmente moitas das actividades clic reproducen ilustracións de libros de texto ,esquecendo que os contidos das publicacións están suxeitas a dereitos de propiedade intelectual, que non permiten o seu uso, a lo menos sen autorización expresa dos propietarios dos dereitos. As alternativas son crear os nosos propios recursos ou empregar material libre, en internet podemos atopar bancos de imaxes que permiten dascargar ilustracións. 4.ACTIVIDADES RELACIONADAS COA EDUCACIÓN FÍSICA. A continuación mostramos unha somera selección de paquetes de actividades elaborados co programa clic, e de recomendable uso na área de educación Física. As referencias á autoría e adaptación ó galego das actividades son as que figura nas propias aplicacións.
Tódolos títulos mostrados están dispoñibles na web de Lapis de Cores. 5.RECURSOS EN INTERNET. Programa Clic. O rincón do clic, páxina oficial da aplicación, como a definen os seus autores, pretende ser "un espacio de cooperación e solidaridade entre educadores e escolas mediante o intercambio dos materiais producidos co programa". Http://www.xtec.es/recursos/clic Lapis de Cores, recopilación de recursos clic en galego. Http://www.galego21.org/ldc/ Bancos de imaxes. Coleccións de imaxes exclusivamente para uso personal ou educativo, antes de descarga-las imaxes é convinte ler as condicións de uso. Http://www.iris.cnice.mecd.es/bancodeimagenes/ , recursos gráficos do cnice. Http://www.bancoimagenes.com/ ,site comercial ,pero que permite á descarga gratuita con limitacións (ver condicións de uso) Recursos educativos. Centro Nacional de Información e Comunicación Educativas (CNICE), dependiente do Ministerio de Educación, reúne gran cantidade de recursos educativos tanto para profesores como para alumnos. Http://www.cnice.mecd.es/ Non deixe de visita-la relación de páxinas persoais de profesores clasificadas por áreas. Programas gratuitos diversos. Se desexamos experimentar con outros programas gratuitos para a creación de actividades interactivas multimedia, podemos recurrir a Freeware World Team , almacén de programas freeware – gratuitos -, pero non todos están acollidos á licencia GPL, ésta é unha diferencia importante se desexamos traducilos ou modificalos, pero éste será un tema para o próximo artigo, onde faremos un repaso das ferramentas multimedia gratuitas. |
||||||||||||||||||||||||
| AUTOR: Fran Macías | ||||||||||||||||||||||||
|
AGADEF. Asociación Galega de Docentes de Educación Física. |
||||||||||||||||||||||||