| |
|
Estas son aportacións con xogos xa coñecidos adaptados á marea negra. Como estes pódense adaptar centos máis.
JALIPOTE
Nestes días houbo un gran disastre ecolóxico. Un petroleiro derramou fuel na pista polideportiva e non podemos atravesala porque ficaríamos pegados. Para facelo, podemos orgaizarnos en grupos de 4 ou 5 persoas e dispoñemos de 5 "pedras" (rodas, cadeiras...) que podemos utilizar para non pegarnos. Primeiro estudiaremos unha estratexia e despóis poñémola en práctica; o obxectivo é que tódalas persoas do grupo poidamos atravesar o mar.
Se o grupo ten experiencias cooperativas previas, logo atoparán a solución: facer unha ringleira de cadeiras e ilas pasando cara diante de unha en unha.
AFIRMACIÓNS / PIRATAS
Facemos un corro con cadeiras co respaldo cara fora e poñémonos de pé
nelas. O profe ou outra persoa vai dicindo distintas afirmacións. Quenes estén dacordo con elas, cambian un posto para a dereita, de xeito que ás veces haberá varias persoas nunha cadeira (equilibro).
- Os que lles gosten as larpeiradas.
- Os que teñen 10 anos.
- Os que están enfadados e disgustados pola marea negra.
- Os que van de azul.
- Os que non queren que morran animais polo fuel...
Resulta impresionante ver o seu grao de acordo con todo o que ten que ver co Prestige.
Se alguén cae, ou cando queira o animador, á voz de PIRATAS, saltamos e buscamos a cadeira na que escomenzamos o xogo. Mentres, o profe fai de petroleiro pirata e pelisca a quenes poida.
O LAGO DAS ESTATUAS
Temos cadeiras distribuidas nun espacio reducido. Trátase de pasar de cadeira en cadeira sen caer no jalipote. Se caemos, ficamos pegados e só podemos voltar a subir coa aperta dunha persoa que non caera. Podemos introducir dificultades: coxos, cegos, por parellas...
O PETROLEIRO
Por parellas, unha persoa fai de capitana e guía o barco polo corredor atlántico: AVANTE, A BABOR, A ESTRIBOR. Hai temporal e o barco ten unha vía de auga, vai escorado. A persoa que o dirixe tenta salvalo barco. Recibe ordes do control marítimo (profe) para levalo a alta mar. O barco naufraga provocando unha tremenda maré (tiran cachiños de papel negro).
VOLUNTARIADO
Tras a maré, persoas voluntarias acoden a limpa-la praia. Hai que recoller cantas máis "galletas" de jalipote poidamos e poñelas cadaquen no seu disco voador ou recipente similar (capazo). O disco está no chan na beira da praia (pista ou patio) e de cada vez só podemos coller unha galleta.
CADEA
Para leva-los capazos con jalipote (recipentes con papeliños negros do xogo anterior) ata o contenedor, temos que facer unha cadea humana. Só poderemos chegar ata alí coa colaboración de todas e todos. O contedor estará a unha distancia tal que sexa necesario estirarse un pouco para poder pasar os capazos.
|