JALIPOTE

 

 

 

Estas son tres aportacións con xogos xa coñecidos adaptados á marea negra. Como estes pódense adaptar centos máis.

JALIPOTE

Nestes días houbo un gran disastre ecolóxico. Un petroleiro derramou fuel na pista polideportiva e non podemos atravesala porque ficaríamos pegados. Para facelo, podemos orgaizarnos en grupos de 4 ou 5 persoas e dispoñemos de 5 "pedras" (rodas, cadeiras...) que podemos utilizar para non pegarnos. Primeiro estudiaremos unha estratexia e despóis poñémola en práctica; o obxectivo é que tódalas persoas do grupo poidamos atravesar o mar.
Se o grupo ten experiencias cooperativas previas, logo atoparán a solución: facer unha ringleira de cadeiras e ilas pasando cara diante de unha en unha.

AFIRMACIÓNS / PIRATAS

Facemos un corro con cadeiras co respaldo cara fora e poñémonos de pé nelas. O profe ou outra persoa vai dicindo distintas afirmacións. Quenes estén dacordo con elas, cambian un posto para a dereita, de xeito que ás veces haberá varias persoas nunha cadeira (equilibro).
- Os que lles gosten as larpeiradas.
- Os que teñen 10 anos.
- Os que están enfadados e disgustados pola marea negra.
- Os que van de azul.
- Os que non queren que morran animais polo fuel...
Resulta impresionante ver o seu grao de acordo con todo o que ten que ver co Prestige. 
Se alguén cae, ou cando queira o animador, á voz de PIRATAS, saltamos e buscamos a cadeira na que escomenzamos o xogo. Mentres, o profe fai de petroleiro pirata e pelisca a quenes poida.

O LAGO DAS ESTATUAS

Temos cadeiras distribuidas nun espacio reducido. Trátase de pasar de cadeira en cadeira sen caer no jalipote. Se caemos, ficamops pegados e só podemos voltar a subir coa aperta dunha persoa que non caera. Podemos introducir dificultades: coxos, cegos, por parellas...

 

    Autor: José A. Martínez    PERILLO
 
   

 AGADEF   2002