| |
AGADEF, Asociación Galega de Docentes de Educación Física (antigo AMEFCOR, unha asociación de docentes de educación física) que leva funcionando dende hai varios anos. Os nosos obxectivos, entre outros, son:
-
Promove-lo desenrolo da Educación Física.
-
Servir de nexo para o intercambio de experiencias e ideas.
-
Actualiza-lo nivel profesional e pedagóxico dos docentes de Educación Física.
Amais doutras actividades, levamos xa sete encontros de profesorado (dende o ano 1995) subvencionados e homologados pola Consellería de Educación e con abundante participación. Estivemos presentes en distintos congresos e foros relacionados coa Educación Física e mantemos certa relación coa Administración educativa.
O ámbito da Asociación era inicialmente a provincia de A Coruña pensando que cristalizarían outras asociacións similares nas distintas provincias. Como non foi así, nos últimos meses decidimos amplialo a Galicia e ó conxunto de docentes de E.F., non só mestres. Esto lévanos a un proceso de re-fundación no que estamos actualmente, pasando de ser AMEFCOR a chamarnos AGADEF (Asociación Galega de Docentes de Educación Física).
Actualmente pertencemos a FEADEF (Federación Española de Asociacións de Docentes de Educación Física) formada por varias asociacións da xeografía española.
|