| |
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE DOCENTES DE
EDUCACIÓN FÍSICA (AGADEF)
TITULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º:
A Asociación rexirase pola vixente Lei de Asociación Sindical número
19/77, de 1 de Abril e disposicións complementarias, e polos presentes Estatutos en todo o que as anteriores non regulen.
TITULO II
Artigo 2º: Denominación
A Asociación denominarase Asociación Galega de Docentes de Educación Física (AGADEF) e constitúese con suxeición ás disposicións legais que regulen as asociacións profesionais para a defensa dos seus intereses peculiares e para a formación continua dos seus membros.
TITULO III
Artigo 3º: Finalidade
A) Promove-lo desenrolo da Educación Física no ámbito docente.
B) Servir de nexo para o intercambio de experiencias e ideas.
C) Actualiza-lo nivel profesional e pedagóxico dos Docentes de Ed.Física.
D) Impulsa-lo desenrolo das investigacións relativas á didáctica da Ed.Física, así como preocuparse pola súa implantación efectiva nos centros docentes.
E) A defensa da ética profesional.
F) Denuncia das irregularidades e defensa das competencias profesionais.
G) O contacto e a colaboración con outras organizacións constituídas en orde ó posible establecemento de acordos de cooperación.
H) A organización de cursiños e conferencias, publicacións de revistas e boletíns así como cantos medios contribúan á consecución dos fins anteriores.
TITULO IV
DOMICILIO PRINCIPAL E NO SEU CASO OUTROS LOCAIS DA ASOCIACIÓN
Artigo 4º.
O domicilio principal da Asociación establecese en Oleiros, Rúa Valle Inclán 26 , Perillo. C. P. 15172- A Coruña.
Os traslados do domicilio social e dos demais locais deberán comunicarse ós Rexistros Públicos correspondentes con arreglo á vixente lexislación.
TITULO V
Artigo 5º: Ámbito territorial
A Asociación terá como ámbito territorial a Comunidade Autónoma de Galicia e agrupará ós Docentes de Ed. Física que así o desexen.
Artigo 6º: Personalidade Xurídica da Asociación
A Asociación adquirirá personalidade Xurídica e plena capacidade conforme ó previsto na Lei de Asociación Sindical número 19/1977.
Artigo 7º: Autonomía e Patrimonio
A Asociación disporá de propia autonomía e patrimonio e regulará o seu funcionamento de acordo cos principios democráticos.
TITULO VI
ORGANOS DIRECTIVOS E FORMA DE ADMINISTRACIÓN
Artigo 8º
Os Órganos directivos da Asociación serán:
a) A Asamblea Xeral
b) A Xunta Directiva.
c) A Presidencia
Sección 1ª : DA ASAMBLEA XERAL
Artigo 9º.
A Asamblea Xeral é o órgano superior de Goberno da Asociación e estará composta por tódolos membros asociados e representados.
As facultades máis importantes son:
a) Aprobar e/ou reformar os presentes estatutos.
b) Decidir en relación coa representación, xestión, fomento e defensa dos intereses profesionais que lle están encomendados á Asociación, podendo delegar na Xunta Directiva a realización das súas decisións.
c) Aprobar os programas e plans de actuación.
d) Elixir e destituír cando proceda ós compoñentes da Xunta Directiva.
e) Coñecer e sancionar a xestión da Xunta Directiva.
f) Fixar as cotas a cargo dos seus membros.
g) Aprobar a Memoria, presupostos e liquidacións de contas anuais.
h) Acordar a disolución da Asociación, a súa fusión, a súa integración ou asociación con outras, ase como a súa federación ou confederación.
i) Ratificar ou revocar os acordos adoptados pola Xunta Directiva.
j) Decidir en cantos asuntos se sometan á súa consideración pola Xunta Directiva ou por los asociados, como aprobar as normas de Réxime Interno ou as Normas de Funcionamento que lle sexan sometidas pola Xunta Directiva.
Artigo 10º. Clases de Asamblea Xeral
A Asamblea Xeral pode ter carácter ordinario ou extraordinario
Reuniranse con carácter ordinario unha vez ó ano, previa convocatoria ó efecto polo menos dez días de anticipación acompañando a orde do día, que cursará o Secretario da Asociación co visto bo do Presidente.
Con carácter extraordinario deberá de reunirse sempre que o decida o Presidente da Asociación, o acorde a Xunta Directiva o solicite un mínimo de quince membros da Asociación, podendo ser convocada por calquera medio fehacinte, cunha anticipación mínima de cinco días.
Artigo 11º : Constitución da Asamblea
A Asamblea Xeral, tanto ordinaria como extraordinaria, quedará validamente constituída na primeira convocatoria, cando concurran a metade máis un dos membros da Asociación, e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asistentes, media hora despois da sinalada para a primeira convocatoria e no mesmo lugar.
Para a modificación ou reforma dos Estatutos esixirase un quórum especial de dous tercios dos asociados e o voto favorable dos dous tercios dos que estean presentes.
Na Asamblea Xeral precisarase a asistencia do Presidente da Asociación e do Secretario ou de quen legalmente os sustitúan.
Artigo 12º: Dirección da Asamblea Xeral
O Presidente da Asociación dirixirá os debates e concederá ou retirará o uso da palabra, cando considere que está suficientemente debatido un asunto, cando o tema non se axuste á orde do día ou cando considere que quen a ostenta exprésase en termos ofensivos, previa advertencia ó respecto.
O Secretario serao da Asociación, salvo en caso de ausencia, vacante ou enfermidade en que será sustituído por outro socio, designado a tal efecto polo Presidente.
Artigo 13º Forma de toma de acordos na Asamblea Xeral
Os acordos adoptaránse por maioría de votos dos membros asociados, presentes, excepto nos casos en que preceptivamente se esixa "quórum" distinto.
Para a validez dos acordos será necesaria a aprobación dos mesmos pola Asamblea en votación secreta se fose solicitada por algún socio presente.
Unha vez aprobados, os acordos obrigan a tódolos asociados salvo nos casos en que sexan recurridos e anulados ou suspendidos legalmente.
Artigo 14º Desenrolo da Asamblea.
O Secretario levantará acta de cada reunión reflectindo sucintamente os temas debatidos e as principais opinións admitidas, cando non exista unanimidade de criterio ou o pidan expresamente os interesados, evitando repeticións inútiles.
Tódalas actas deberán ser firmadas polo Presidente e polo Secretario, ou quen legalmente os sustitúan, e transcribiranse no libro de actas, unha vez aprobadas, facéndose constar noutro caso que se encontran pendentes de aprobación. Dito libro quedará en poder do Secretario.
Calquera asociado, que esté en pleno uso dos seus dereitos, poderá solicitar e obter copia certificada de calquera acta ou dos acordos que lle interesen.
A aprobación da acta verificarase por calquera das formas seguintes:
a) Mediante lectura na mesma sesión á que corresponde.
b) A través do Presidente e dos interventores, nomeados pola Asamblea, no prazo de quince días hábiles a partir da data de celebración de aquela.
c) Mediante a súa lectura na seguinte Asamblea.
d) Por remisión ós asistentes, sen que comuniquen no prazo de quince días hábiles, a partir da data do seu envío, ningún reparo ou desacordo, en número superior á metade do total de ditos asistentes.
Sección 2ª: DA XUNTA DIRECTIVA
Artigo 15º Funcións da Xunta Directiva
A Xunta é o órgano encargado da dirección, goberno e administración da Asociación, do cumprimento e execución das normas contidas nos presentes Estatutos, disposicións legais vixentes e dos acordos da Asamblea Xeral.
Artigo 16º Composición da Xunta Directiva.
Estará composta por un Presidente, alomenos un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, e ata dez membros, elexidos pola Asamblea Xeral, expresamente convocada con ese motivo, mediante votación secreta de entre os membros da mesma.
Artigo 17º Duración do mandato da Xunta Directiva
O mandato dos membros da Xunta Directiva será de dous anos, podendo ser reelexidos.
As vacantes que se produzan durante un mandato da Xunta Directiva, poderán ser cubertas por designación da propia Xunta Directiva de entre os asociados, que o desempeñarán polo tempo que restara ata o termo do mandato, salvo que antes, ó someter a súa ratificación na primeira Asamblea Xeral que se celebre, no obteña a aprobación.
Ditos cargos no serán retribuídos, sen prexuízo de que la Asamblea Xeral lles asigne gratificacións, dietas ou premios que considere oportunos.
Artigo 18º Facultades da Xunta Directiva:
Son facultades da Xunta Directiva:
a) Dirixir, realizar e executar as actividades da Asociación.
b) Velar polo exacto cumprimento dos acordos da Asamblea Xeral.
c) Elexir, provisionalmente, sustitutos ós membros da Xunta Directiva que cesen nos seus postos antes de concluír o mandato da mesma, ata que a Asamblea Xeral os ratifique ou designe outro socio.
d) Impoñer as sancións que correspondan segundo o Regulamento de Réxime Interior.
e) Propor á Asamblea Xeral as cotas que teñan que satisfacer os membros.
f) Propor á Asamblea Xeral as medidas oportunas para a mellor defensa dos intereses profesionais a seu cargo.
g) Propor á Asamblea Xeral os programas de actuación e realizar e dirixir os xa aprobados.
h) Decidir sobre a celebración de reunións extraordinarias da Asamblea Xeral e coñecer a orde do día.
i) Elaborar e presentar para a súa aprobación á Asamblea Xeral a Memoria anual de actividades, presupostos, balances e liquidación de contas.
j) Decidir en materia de cobros e ordenación de pagos e expedición de libramentos.
k) Inspeccionar e velar polo normal funcionamento dos servicios da Asociación.
l) Abrir ou cancelar contas correntes, de aforro e depósito de valores.
m) Propor á Asamblea Xeral acordos referentes á adquisición e disposición de bens, coas garantías e requisitos legais.
n) Tomar, en casos de extrema urxencia, decisións que competan á Asamblea Xeral, dándolle conta tan axiña como sexa posible e en todo caso na primeira reunión que celebre esta.
o) As que poidan ser delegadas pola Asamblea Xeral.
p) Todas aquelas que non estean expresamente encomendadas a outro órgano de Goberno.
Artigo 19º As Reunións da Xunta Directiva
A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario, alomenos unha vez cada tres meses e con carácter extraordinario nos mesmos casos e cos requisitos establecidos pola Asamblea Xeral extraordinaria no artigo 10, parágrafo terceiro, dos presentes Estatutos.
As convocatorias da Xunta Directiva, con inclusión da correspondente orde do día serán cursadas polo Secretario, co visto bo do Presidente.
Os acordos adoptaránse por maioría, decidindo o voto de calidade do Presidente os empates, aplicándoselle para o seu funcionamento, deliberación, constitución, redacción de actas e demais normas ou requisitos de procedemento os que rexen para a Asamblea Xeral.
Sección 3ª: DO PRESIDENTE
Artigo 20º Funcións do Presidente.
O presidente da Asociación ostentará a representación legal da mesma.
En casos de ausencia, enfermidade ou vacante, será sustituído, con iguais funcións e facultades, polo Vicepresidente.
Son as súas atribucións:
a) Presidir a Asamblea Xeral.
b) Dirixir os debates e orde das reunións e executar os acordos.
c) Presidir as reunións da Xunta Directiva decidindo co seu voto de calidade as votacións en caso de empate.
d) Representar a Asociación en calquera clase de actos ou contratos en que interveña.
e) Otorgar poderes xenerais ou especiais para pleitos, coas máis amplas facultades, a favor de Procuradores e Avogados.
f) Autorizar co seu visto bo as convocatorias de reunións de Asambleas Xerais e Xunta Directiva, a súa orde do día e as certificacións que expida o Secretario.
g) Autorizar as actas de todas as reunións.
h) Cantas a Lei lle confire ou a Asamblea Xeral lle delegue ou amplíe.
TITULO VII
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E PERDA
DA CALIDADE DE SOCIO
Sección 1ª: Do Procedemento de Admisión.
Artigo 21º. A Admisión
Poderán ingresar na Asociación con plenitude e igualdade de dereitos e obrigas cantos voluntariamente o soliciten da Presidencia e reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser persoa natural
b) Ser Docente de Ed. Física no territorio da Comunidade Autónoma Galega.
c) Observar as disposicións legais vixentes no momento de solicitar o ingreso.
d) Aceptar o disposto nos Estatutos e demais normas obrigatorias para os socios.
e) Non estar incurso en causa determiñante da pérdida da calidade de asociado.
f) Os Asociados quedarán inscritos no libro de Rexistro de Asociados, que se levará polo Secretario, a través do que poderán acreditar a súa condición de tales.
Artigo 22º. Recurso contra o acordo denegatorio de admisión.
Contra o acordo denegatorio, caberá recurso de reposición no prazo de quince días hábiles e a Xunta Directiva terá que resolver noutro prazo igual. Se a resolución fose denegatoria, haberá recurso de alzada no prazo de quince días ante a Asamblea Xeral, que resolverá na primeira reunión que celebre inmediata á interposición sempre que dita presentación non fora anteriormente convocada, sendo o seu acordo final e definitivo.
Sección 2ª : DA PERDA DA CALIDADE DE ASOCIADO
Artigo 23º. :
Perderáse a calidade de socio ou membro da Asociación por calquera das seguintes causas:
A) Baixa voluntaria: Calquera membro da Asociación ten dereito de solicitar a baixa voluntaria se se atopa ó día no pago das obrigacións. A baixa voluntaria debe ser solicitada expresamente por carta dirixida á Presidencia da Asociación.
A baixa surtirá efectos tres meses despois da recepción da carta, sempre que teña cumprido con tódalas obrigacións e cotas ordinarias e extraordinarias pendentes de pago ou devengadas na data de efecto da baixa. En calquera caso no momento de recepción da carta entenderase ó membro Asociado como Asociado en suspenso.
B) No caso de que tivera impagados e estes non foran satisfeitos, a baixa cursarase polo trámite regulamentario que máis adiante se expón.
C) Por Perda da calidade de socio:
1) Por falta de ingreso das cotas tras ter recibido requerimentos ó pago. Este requerimento deberá efectuarse fehacientemente polo Tesoureiro da Asociación, que dará conta á Xunta Directiva, que poderá acordar a baixa unha vez oído ó asociado requerido. Contra o acordo de baixa poderá recurrirse en alzada ante a Asamblea Xeral, a súa decisión será definitiva.
2) Por incumprimento grave da legalidade vixente, dos Estatutos da Asociación, dos acordos obrigatorios tomados polos Órganos da mesma ou por falta grave.
Asociado en suspenso: A demora no pago das cotas deixa en suspenso para os membros morosos, sen necesidade de acordo ou aviso especial, o exercicio dos dereitos que teñen recoñecidos, o que non lles exime da obriga+ de satisfacelas, mentras non causen baixa definitiva. Non terán dereito, polo tanto, a acudir ás reunións e Asambleas da Asociación, nin terán dereito ás informacións que a Asociación facilita ós seus socios, ou ós servicios que esta ofreza. Estarán non obstante, igualmente obrigados a acatar os acordos que tome a Asociación.
TITULO VIII
DEREITOS E OBRIGAS DOS SOCIOS
Sección 1ª Dos Dereitos
Artigo 24º:
Son dereitos dos Asociados:
a) Elexir e ser elexidos para os postos de representación e ostentar cargos directivos.
b) Informar e ser informados das actuacións e vida da Asociación e das cuestións que lles afecten.
c) Intervir, dentro das normas xerais e estatutarias, na xestión económica e administrativa da Asociación, tendo acceso en todo momento ós libros de contabilidade.
d) Expresar libremente as súas opinións en materia e asuntos de interese profesional e formular propostas e peticións ós seus órganos de Goberno, de acordo coas normas regulamentarias.
e) Asistir con voz e voto ás reunións da Asamblea Xeral.
f) Exercer as accións e recursos a que haxa lugar en defensa dos seus dereitos profesionais e instar á Asociación a que se reúna para o seu estudio e para adoptar acordos en materia de interese común, así como a que interpoña accións e recursos oportunos para a defensa dos intereses profesionais incluídos no ámbito de aquela.
g) Utilizar os servicios e instalacións da Asociación.
Sección 2ª Das Obrigas.
Artigo 25º:
Son obrigas dos socios:
a) Participar na elección de representantes e dirixentes.
b) Axustar a súa actuación e o exercicio dos seus dereitos ó disposto nos Estatutos, normas e acordos sociais así como ás disposicións legais vixentes.
c) Cumprir os acordos validamente adoptados pola Asamblea Xeral e polos restantes órganos de Goberno da Asociación.
d) Respectar a libre manifestación de pareceres e non entorpecer, directa nin indirectamente, as actividades da Asociación.
e) Satisfacer puntualmente as cotas que lle correspondan, para sostemento da Asociación e desenrolo das súas actividades.
f) Todo asociado está obrigado a comunicar á Secretaría da Asociación o seu cambio de domicilio a efectos da Asociación.
g) As que sexan consecuencia ou complemento das anteriores.
TITULO IX
PATRIMONIO FUNDACIONAL, RECURSOS ECONÓMICOS
PREVISTOS E LIMITES DO PRESUPOSTO ANUAL.
Artigo 26º. Principios de actuación económica
A Asociación disporá de total independencia e autonomía económica e de recursos propios.
Os seus recursos, presupostarios ou patrimoniais aplicaránse ós fins e actividades que lles son propios.
Artigo 27º Recursos económicos
Serán recursos da Asociación:
a) As cotas de inscrición, readmisión, periódicas ou de calquera outra índole, legalmente establecidas.O seu importe e características sinalaraos a Asamblea Xeral.
b) Os productos e rendas dos seus bens, intereses de contas bancarias e beneficios de operacións financeiras.
c) Os ingresos que lle reporten a explotación dos servicios, publicacións ou actividades que desenrole.
d) As doazóns, subvencións, aportacións ou permiso que poida recibir.
e) Calquera outro recurso lexítimo que poida obter.
Artigo 28º: Regulación do funcionamento económico
O funcionamento económico da Asociación regularáse e axustaráse anualmente mediante o oportuno presuposto ordinario de gastos e ingresos, redactado pola Xunta Directiva e sometido á aprobación da Asamblea Xeral.
Para todo o non previsto no presuposto ordinario ou para modificalo, será precisa a aprobación dun presuposto extraordinario.
Os exercicios económicos coincidirán co ano natural.
Artigo 29º Autorización dos gastos.
Tódolos gastos que se produzan deberán ser autorizados polo Presidente da Asociación e polo Tesoureiro, solidariamente.
Para dispor dos fondos da Asociación e, no seu caso, das contas bancarias, serán precisas dúas firmas mancomunadas de entre as do Presidente, Tesoureiro ou Secretario.
TITULO X
RÉXIME ELECTORAL
Artigo 30º:
Todo asociado que non se encontre na situación de asociado en suspenso, pode elexir e ser elexido para os Órganos de Representación da Asociación.
Artigo 31º:
O acordo de aprobación para a celebración de eleccións a membros da Xunta Directiva realizaráse:
a) Pola Xunta Directiva a proposta do Presidente.
b) Pola Asamblea Xeral a proposta da Xunta Directiva.
c) No momento que a Xunta Directiva quede composta por menos de tres membros.
d) Aperíodoutomaticamente, no caso de terse cumprido o periodo para o cal fose elexida a Xunta Directiva.
En canto se aprobe o acordo de celebración de eleccións á Xunta Directiva cesará nos seus cargos, seguindo provisionalmente nos mesmos que a restricción funcional á mera resolución de asuntos de trámite inaprazables.
.
TITULO XI
APLICACIÓN QUE HAXA DE DARLLE Ó PATRIMONIO
SOCIAL NO CASO DE DISOLUCIÓN.
Artigo 32º: Causas de disolución.
Son causas de disolución:
a) O acordo adoptado na Asamblea Xeral por, alomenos, dous tercios do total dos presentes na Asamblea.
b) Por disposición legal, sentencia firme ou medida da autoridade competente que non sexa susceptible de recurso.
Artigo 33º Actuación no caso de disolución.
No caso de disolución procederáse ó cumprimento das obrigacións pendentes e o aseguramento das que non sexan de cumprimento inmediato.
Cando a disolución se produza por acordo da Asamblea Xeral, os asociados unicamente estarán obrigados a cumprir aquelas obrigacións que eles mesmos teñan contraído como membros da Asociación.
Artigo 34º Aprobación da disolución
A Asamblea Xeral, ó aprobar a disolución da Asociación ou cando se producise por outras causas, acordará por maioría de votos de alomenos dous tercios dos asistentes á mesma, o destino que debe darse ós bens, dereitos, instalacións e servicios da Asociación, despois de atendidas as obrigacións previstas, que deberán destinarse ben a unha entidade benéfica, ben a outra Asociación de igual ou similar carácter. No caso contrario, os bens haberán de distribuirse entre os asociados de conformidade ás aportacións realizadas por cada un.
Artigo 35º Liquidadores da Asociación
En defecto de designación pola Asamblea Xeral, actuarán como liquidadores os membros da Xunta Directiva.
|