Curso de Orientación
O VENRES 20 de novembro e o sábado 21, no Colexio Escultor Acuña de Vigo realizouse o Curso de Orientación deportiva.
O sábado pola tarde nos trasladamos a Pontevedra para rematar o curso cunha carreira de orientación no parque "Illa das esculturas".
O curso o impartiron os profesores Enrique Fuentes González e Martín Pazó Pazó.
O curso está homologado polo M.E.C. por 18 horas
As actividades que se fixeron foron:
1.- Elaboración de mapas Ortofotos, Obter perfís Definir o mapa: áreas, cores, puntos, outros símbolos Escalas...O compás Orientar un mapaMarcar un rumboSeguir un rumbo: talonamentosTraballo en pequenos espacios co plano: orientar o plano; ubicar balizas no plano, identificación de lugares, áreas, símbolos..Elaboración de materiais: balizas, tarxetas, descripción de controis...Técnicas básicas na carreira: liñas de parada, pasillos, talonamentos...
2.-Organización dunha carreira: A organización do alumnado. Materiais necesarios. Os percorridos. Saídas e chegadas. A interdisciplinariedade da actividade. Desenvolvemento dunha carreira no centro.
3.-Recursos web e bibliográficos Actividades e xogos de iniciación:Talonar. Diversos modos de carreiras: xogar coas balizas e cos espacios dos que dispoñemos, xogos de memorización, elaboración de tarxetas...Recoñecemento da zona, Identificar os elementos da realidade no mapa. Desenvolver unha carreira con descripción de controis nun entorno distinto do centro educativo.Trazado dunha carreira con 4 ou 5 balizas en pequenos grupos
Temos que agradecer a D. José Luis Armada, da Universidade de Vigo a súa colaboración coa cesión para este curso de material diverso para o bo desenvolvemento deste evento; tamén ao equipo directivo do CEIP Escultor Acuña pola cesión das instalacións.
Pese as inclemencias do tempo, a avaliación final dos participantes neste curso foi moi positiva, o que nos anima para seguir programando novos cursos no ano vindeiro.
Dentro duns días estará colgada na WEB de AGADEF os materiales que os profesores do curso nos prometeron.
Grazas a todos/as.
Os membros da organización do curso.